A Policía Local procedeu esta mañá ao precinto do pub La Botica, por exercer actividade de café-bar especial sen licenza de actividade nin acto previo comunicado.
Unha vez desestimadas tanto as alegacións á providencia da Concellería de Urbanismo e o recurso de reposición presentado polo titular, ordenouse de forma inmediata o precintado do local da praza do Correxidor número 4. Así, e por orde da Concellería de Urbanismo, a Policía Local procedeu ao precintado do local.
“Non consentiremos que se incumpra a lei”, insiste a concelleira Sonia Ogando