Ourense Cidade

O Concello promove a educación viaria e os hábitos de vida saudables

A Concellería de Educación, en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico, instala circuítos por diferentes colexios da cidade para que os nenos e nenas aprendan xogando os conceptos traballados nas aulas

Óscar Gómez

Ourense | 27.05.2021 12:01

O Concello promove a educación viaria e os hábitos de vida saudables
O Concello promove a educación viaria e os hábitos de vida saudables | onda cero

A Concellería de Educación, en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico, instalou dous circuítos de Educación Viaria no CPR Salesianos con pequenas probas de habilidade dirixidas ao alumnado de Educación Infantil e de Primaria. Preto de 1.000 alumnos participarán nesta iniciativa, que se repetirá ao longo do mes de xuño noutros centros educativos da cidade.

O Concello promove a educación viaria e os hábitos de vida saudables entre alumnado de Infantil e Primaria
O Concello promove a educación viaria e os hábitos de vida saudables entre alumnado de Infantil e Primaria | onda cero

Logo de traballar con conceptos teóricos nas aulas, a área de Educación introduce o elemento do xogo para mellorar as habilidades psicomotrices, a coordinación e o equilibrio, así como as condutas seguras nos desprazamentos a pé, en bicicleta ou patinete. Igualmente, quérese incentivar o uso destes medios de locomoción para sentar as bases da mobilidade do futuro e introducir o alumnado nos hábitos de vida saudables.