O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome inaugurou as obras de remodelación do parque de Cudeiro, executadas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense cun investimento de case 40.000 euros.
Os traballos tiñan como finalidade promover unha mellora das condicións de uso deste espazo. Por unha banda instalouse unha nova pérgola, con postes de granito e cuberta de madeira, pechada para protexer as persoas usuarias do parque das inclemencias climatolóxicas no caso de sol ou chuvia. Por outra, acometeuse unha reforma e optimización das zonas de xogos infantís e xogos biosaudables, reacondicionando os elementos que o precisaban. Tamén se renovaron o pavimento de caucho e un valado do parque.