Concello de ourense

O Concello súmase á celebración do Día contra a explotación sexual

Profesionais do ámbito xudicial, policial e social analizarán o mércores esta problemática no colexio da Avogacía. O xoves proxectarase a película Moneboys no Cineclube Padre Feijóo.

Óscar Gómez

Ourense | 20.09.2022 08:49

O concello de Ourense sumase os actos no dia contra a explotacion sexual
O concello de Ourense sumase os actos no dia contra a explotacion sexual | Prensa Ayuntamiento

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas con dúas actividades: unha xornada técnica, sobre a “Abordaxe multidisciplinar da loita contra a explotación sexual e a trata de persoas”, que se levará a cabo o mércores, 21 de setembro, e unha proxección de cine, da película Moneyboys, o xoves 22. As actividades son de balde, e están organizadas pola Concellería de Igualdade do Concello de Ourense coa colaboración da Subdelegación do Goberno - Unidade de violencia de xénero, o Colexio da Avogacía e o Cineclube Padre Feijoo

O día 23 de setembro foi instaurado como Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, pola Conferencia Mundial da Coalición Contra o Tráfico de Persoas, en coordinación coa Conferencia de Mulleres, en xaneiro de 1999. A trata vulnera os dereitos humanos, e afecta a todos os países, xa sexa como lugar de orixe, tránsito ou destino das vítimas. A explotación sexual é a máis numerosa, cun forte nesgo de xénero, pois a inmensa maioría das súas vítimas son mulleres e nenas.

Mércores, 21 de setembro

18:00h, Colexio da Avogacía, Concello, 22

Xornada Técnica: Abordaxe Multidisciplinar da loita contra a explotación sexual e a trata de persoas.

Presenta: Telmo Manuel Ucha Álvarez, concelleiro de Igualdade

Modera: Beatriz López Varela, Directora e asesora xurídica do CIMM

Relatorios:

Perspectiva xudicial: Pilar Manso López, fiscal do Xulgado de 1º Instancia e Instrución nº 1, delegada de Estranxeiría da provincia de Ourense.

Perspectiva policial: Rosa Seara Pateiro, inspectora xefa, xefa da Brigada Provincial de Estranxeiría e Fronteiras e Aser Moreiro Casal, garda Civil, especialista en trata de seres humanos da Policía xudicial de Ourense

Perspectiva social: Raquel Fernández Docasar, educadora Social de Cáritas Diocesana de Ourense (Programa de muller Alumar).

Xoves, 22 de setembro

20:00 h, Cineclube Padre Feijoo. R/Concello, 11

Proxección: Moneyboys”, de C.B. YI.