Cultura

Concerto da xira 'Terra' este venres no Teatro Principal de Ourense

O Ourensán Daniel Minimalia recibido no concello e na deputación.

Paco Sarria

Ourense |

O músico ourensán Daniel Minimalia foi recibido no Concello de Ourense polo Alcalde, Gonzalo Pérez Jácome e no Pazo Provincial polo presidente Luis Menor, con motivo do concerto que ofrecerá este venres no Teatro Principal dentro da sua xira e para o que está o aforo completo.

Jácome felicitouno pola sua traxectoria e pola obtención do Grammy Latino no 2020. O rexedor destacou a excelente traxectoria profesional do artista: 'é unha honra que un dos nosos estea vivindo nun mundo tan difícil como é o da música, dando concertos, triunfando e obtendo premios internacionais', manifestou. 'Que leves tantos anos e sigas aí, di moito. Outros son flor dun día, e non é o caso', asegurou Pérez Jácome, quen lle desexou a Minimalia 'o mellor' e 'que a xente que vaia ao concerto, o desfrute'.

O músico manifestouse moi contento polo recibimento na cidade nos días previos a un concerto que encherá este venres o Teatro Principal: 'e será moi emocional, porque o público de Ourense, o da túa casa, é o mais especial', declarou.

recibimos un veciño de ourense
Recepción de Luis Menor a Minimalia
Recepción de Luis Menor a Minimalia | onda cero

O presidente da Deputación dixo á sua vez que 'recibimos a un veciño de Ourense que nos enche de orgullo co seu talento, traxectoria e numerosos recoñecementos'. Daniel Minimalia regresa a Ourense dentro do fin da xira “Terra”, o seu último disco publicado co que logrou o Latín Grammy ao mellor álbum instrumental no ano 2020, converténdose no primeiro artista galego en ter dito galardón.

Daniel Minimalia agradeceu á Deputación de Ourense que fixera posible este concerto e tamén “ao público que estaba esperando este concerto, xa que é moi bonito a nivel persoal sentirte tan querido na túa cidade”. Minimalia continuará xira despois de Ourense con concertos en Alemaña e Hong Kong.