O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e polo alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez, participou na entrega de premios do I Concurso de doma clásica San Amaro. O evento tivo lugar na Escola de equitación e equinoterapia desta localidade ourensá, que se localiza no antigo campo de fútbol, rehabilitado polo Concello e destinado a actividades relacionadas co cabalo.
Neste acto, o conselleiro reafirmou o apoio da Xunta á dinamización do rural mediante este tipo de iniciativas e puxo tamén en valor o futuro polígono agroforestal que se desenvolverá neste municipio e que suporá a mobilización de algo máis de 28 hectáreas, distribuídas en 422 parcelas de 146 propietarios. Este polígono xa conta con acordo de inicio e declaración de utilidade pública.