MAS DE UNO OURENSE

Condenan a unha residencia de maiores con 38.000 euros por seis infraccións

O TSXG considera moi grave usar cun residente un chaleco de contención física con suxeición a unha cadeira sen prescrición médica nen consentimiento informado

Jesús Álvarez

Ourense | 27.08.2024 10:24

Pazo Xudicial Ourense
Pazo Xudicial Ourense | Onda Cero Ourense

O TSXG confirmou unha sanción de 38.000 euros imposta pola Xunta de Galicia a unha residencia de maiores de Ourense por seis infraccións. As máis graves (de 15.001 e 15000 euros respectivamente) foron por usar cun residente un chaleco de contención física con suxeición a unha cadeira sen prescrición médica nen consentimiento informado, ademáis de non contar con persoal de servizo de enfermería 24 horas. Tamén se sanciona (con 3001 euros) a excaseza de comida que servían ou non respetar os menús expostos.

Outras infraccións están relacionadas con non presentar no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais as memorias de actividades da entidade dende 2016 a 2018. Igualmente destaca o alto tribunal galego as deficiencias estructurais ou de acabado nas instalacions, no mobiliario ou nos seus útis así coma no funcionamento "anque delo non se derivase risco para os pacientes".

Contra o fallo que rexeita o recurso da Fundación que xestiona a residencia, cabe a presentación dun recurso perante o Tribunal Supremo

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora