CONFEDERACIÓN MIÑO SIL

A Confederación activa novos sistemas de control para avisar dos risgos de inundacións

Os dous novos sistemas de control de caudais en tempo real ubicaranse en Lobios (Ourense) e no Sil en Toreno (León)

Jesús Álvarez

Ourense |

Embalses en niveles bajos
El presidente de la Confederación Hidrográfica Miño-Sil pide responsabilidad social a las eléctricas | Europa Press

A Confederación Hidrográfica Miño Sil comunicou a instalación de novos puntos de control da información hidrolóxica. No rio Sil na localidade leonesa de Toreno ubicarase o punto número 130 para cuxas obras foron investidos fondos europeos Feder. Este punto estará conectado suministrando información ao centro de control de Ourense para previr posibles inundacións segundo informou o xefe de planificación hidrolóxica, Carlos Ruiz del Portal que tamén sinalou que veñen de rematarse as obras para a instalación doutro punto de control no rio Lobios no concello ourensán de Lobios financiado con fondos europeos transfronteirizos Interreg enmarcado no proxecto "Risc Plus" que busca previr tanto inundacións coma sequías.

Ambos sistema rexistran en tempo real a medición de auga no cauce, pluviosidade e temperatura ambiente e grazas a esta información según o técnico da confederación "poderanse enviar avisos as autoridades en materia de seguridade e protección civil por se fose preciso activar evacuación da poboación" ante risgos de inundacións.