PRAZA DE ABASTOS DE OURENSE

O conselleiro José González anuncia a sinatura inminente do protocolo do plan funcional

A Conselleria de emprego, comercio e emigración da Xunta de Galicia destinará un millón de euros ao cofinanciamento do "plan funcional"

Jesús Álvarez

Ourense |

Visita conselleiro José González á Praza de Abastos provisional de Ourense
Visita conselleiro José González á Praza de Abastos provisional de Ourense | Onda Cero Ourense

Aposta polo emprego "de calidade" a través do "Programa Retorna", aposta polo territorio, polo comercio miudo e pola "excelencia das prazas de abastos". Son algunhas das liñas estratéxicas dos orzamentos da Conselleria de emprego, comercio e emigración da Xunta de Galicia nos orzamentos de 2025 segundo explicou o conselleiro, José González nunha visita á praza de abastos provisional de Ourense na que lembrou que o seu departamento contará con 497 millons de euros, incluídos na "cifra histórica" de 13.954 millóns que a Xunta manexará no seu conxunto para 2025.

Ao abeiro destes orzamentos, anunciaba José González un millón de euros para cofinanciar o "plan funcional" consensuado cos praceiros ourensáns e co Concello de Ourense para que canto antes poidan retornar á reformada praza de abastos número 1. O conselleiro asegurou que a Xunta aposta pola revitalización dos mercados e espera que tralas conversas co alcalde de Ourense "non haxa máis obstáculos e queden cando antes pechados os flecos que poidan estar pendentes para asinar en breve un protocolo para comenzar a licitación das obras". No acto non estivo presente ningún representante municipal e falta por concretar a partida municipal ao "plan funcional" pero o presidente dos praceiros, Emilio González daba por feito que por fin vai haber un acordo "anque elo implique que teñan que ceder nalgunhas das pretensións iniciais que plantexaron para resolver as eivas das reformas xa realizadas" no mercado.

Emilio González incidiu en que "non é certo que non teñan interese en regresar canto antes" ao antiguo emplazamento á espera tamén de solucións para o "rianxo" e quixo aproveitar o momento para agradecer o respaldo dos partidos políticos do concello ademáis do respaldo da Xunta. González tamén desvelou coma novidade que a praza contará "cun espazo gastronómico".