Ourense Cidade

O Consello Reitor do CMD adxudica as obras para aproveitar auga termal procedente das Burgas

O Concello de Ourense realizou recentemente as obras de canalización de auga termal desde o bombeo das Burgas até o complexo deportivo municipal dos Remedios

Óscar Gómez

Ourense |

As Burgas Ourense | Onda Cero

O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense adxudicou esta mañá as obras do proxecto de aproveitamento de auga termal procedente das Burgas nas instalacións interiores do complexo deportivo dos Remedios. Serán executadas pola empresa Delfín Ferreiro, e suporán un investimento de 70.140,99 euros (IVE incluído).

O Concello de Ourense realizou recentemente as obras de canalización de auga termal desde o bombeo das Burgas até o complexo deportivo municipal dos Remedios. Estas obras permitiron aumentar a canle de auga quente procedente das Burgas, tanto en cantidade como en temperatura, que se emprega para quentar as piscinas.

A obra de reforma que executará agora o Consello Municipal de Deportes permitirá utilizar esta auga tamén para quecer o aire das piscinas, o que supón un aforro en consumo de gas estimado en torno aos 50.000 euros anuais , así como reducir a pegada de carbono.