Deporte

I Copa Auria de Ximnasia Rítmica este Sábado 13 de Novembro

Máis de 200 deportistas de catro comunidades reuniranse no Paco Paz para disputar a primeira Copa Auria de ximnasia rítmica.

Óscar Gómez

Ourense | 10.11.2021 12:49

 I Copa Auria de Ximnasia Rítmica este Sábado 13 de Decembro
I Copa Auria de Ximnasia Rítmica este Sábado 13 de Decembro | onda cero

O pavillón dos deportes Paco Paz acollerá o próximo sábado, día 13, a primeira edición da Copa Auria de ximnasia rítmica, na que participarán preto de 250 deportistas de entre 8 e 16 anos pertencentes a 26 clubs procedentes de Galicia, Asturias, Madrid e Castela-A Mancha. Unha competición que segundo os responsables do Club Marusia, organizadora da proba en colaboración coa Deputación de Ourense, pretende abrir camiño cara a preparación dos próximos campionatos nacionais.

A I Copa Auria foi presentada hoxe no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; a presidenta do Club Marusia, Pilar Cobelas, e Roberto Rodríguez, socio do club.

Copa Auria de Ximnasia Rítmica
Copa Auria de Ximnasia Rítmica | onda cero

A competición, que se desenvolverá en xornada de mañá e tarde, ten carácter nacional de nivel base e inclúe as modalidades individual e de conxunto nas categorías que van desde benxamín a xuvenil. Na primeira edición desta proba no só haberá trofeos para os ximnastas, senón tamén para os propios clubs, aos que se lles recoñecerá coa Copa Auria a súa implicación con estas probas polo número de participantes que achegan.