A Coral de Ruada de Ourense recibiu o Premio Otero Pedrayo á "traxectoria artística de máis dun século" no que o xurado distinguíu a sua "contribución á cultura no campo da música tradicional galega". O galardón, que ten unha dotación económica de 15.000 euros naceu en 1977 co obxetivo de "perpetuar e honrar a memoria do ilustre galeguista, recoñecer a contribución á cultura galega de persoas e entidades no campo das letras e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e mellora da sua cidadanía e institución".
A entrega tivo lugar no paraninfo do Institito Otero Pedraio de Ourense e contou ca presencia, entroutras autoridades do Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude José López Campos, o presidente do parlamento galego, Miguel Santalices e o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor quen resaltou os "méritos desta institución e símbolo da cultura ourensán" e a vinculación da coral nas suas orixes co espíritu da "Xeración Nós" da que formou parte o propio Ramón Otero Pedrayo.
En "Más de Uno Ourense" a directora da Coral de Ruada, Fátima Malingre sinalaba a "honra" que para esta institución cultural ourensán supón este recoñecemento.
A directora da Coral recoñecía que anque ao longo deste século de vida traballaron para garantir o relevo xeracional, a día de hoxe a media de idade dos coralistas ronda os 60 anos e "non é sinxelo atopar xente nova" pero esperan que o premio poida contribuir a visualizar o traballo que realizan todo anos impulsando a música, cultura e lingua galega cas suas actuacións e labor educativa".
Para Fátima Malingre se a Coral segue viva é porque "en Ourense tamén segue mantendose a tradición das cantigas galegas".