Salud

Cribado de detección precoz da hepatite C

Dende a conselleria de sanidade faise un chamamento a máis de cen mil ourensáns de entre 40 e 69 anos a participar nun cribado de detección precoz da hepatite C.

Redacción

Ourense | 13.07.2023 12:55

Cribado de detección precoz da hepatite C
Cribado de detección precoz da hepatite C | Onda Cero

Case 130 mil personas poderán participar de forma voluntaria dende este mes e ao longo dos próximos dous anos a este cribado de Hepatite C.

A conselleria de sanidade advirte da poblemática para a saúde pública que supón pola facilidade que ten a nefermidade a pasar desapercibida ata estadios avanzados evolucionando cara a hepatite crónica, cirrose hepática ou cancro de fígado.

A participación farese por quendas. Este ano ofertarase aos nados entre 1964 e 1973. En 2024 poderán participar os que naceran entre 1954 e 1963 para rematar no 2025 con grupo máis xoven cos nados entre 1974 e 1983.

Aproveitarase unha extracción sanguínea prescrita por calquera motivo para facer a analise en busca da hepatite C. Esta mostra de sangue será enviada o servizo de microbioloxía que a analizará por medio de pooling, un sistema que permte detectar a presenza de virus e nos casos positivos, derivaranse na maior brevedade posible para a súa atención e iniciar o tratamento nun prazo máximo de 21 días. O tratamento actual logra una recuperación superior o 95% das personas tratadas.

A principal vía para adquirir a infección e por vía sanguínea seguida da vía sexual e non existe una vacina eficaz polo que é importante unha detección precoz.

Con esta estratexia, Galicia márcase o obxetivo de eliminar a hepatite C para 2026, adiantándose a Organización mundial da saúde que se marca como plazo o 2030 como parte de esa axenda 2030 para o desenvolvemento sostible.