A localidade de Vilar de Astrés acaba de ver as obras, executadas polo Concello, por un importe de 131.451,79 €. Estas actuacións son hoxe unha realidade debido ao compromiso forme e inequívoco do PP da cidade coas peticións e demandas da veciñanza. Así, o parque infantil (48.392,16 euros) foi parte do Plan +Rural que puxo en marcha Jorge Pumar, mentras que a obra de acondicionamento e mellora da praza de Vilar de Astrés ( 34.926,75 €), así como a de rexeneracion do firme en Sartédigos (48.132,88 €) foron actuacións contempladas na programación que dispuxo o edil popular á fronte da Concellería de Perímetro Rural. Jorge Pumar acudiu a visitar estas obras e quixo expresarlle o seu agradecemento aos vecinos da localidade por plasmar e transmitir as súas demandas. En segundo lugar, resaltou “o compromiso do Partido Popular, que sempre cumpre coas necesidades da veciñanza”. “É tempo de obras rematadas e non de palabras sen final”, dixo Pumar, “e se no Concello se están a ver obras nestes últimos días, é porque durante meses atrás houbo un traballo intenso das concellerías que dirixíamos os concelleiros do Partido Popular, que deixamos o traballo feito e ben encauzado para que hoxe os vecinos e veciñas poidan ver cumpridos os compromisos que adquirimos con eles”.