Sanidade

Denuncian a "precariedade, falta de hixiene e privacidade" no Materno Infantil de Ourense

Andrea Lorenzo, do colectivo "Arrolos de teta" e usuaria do Hospital de Ourense faise eco das numerosas queixas polas deficiencias das instalacións do "Materno Infantil" do CHUO

Jesús Álvarez

Ourense |

O colectivo ourensán “Arrolos de Teta” fíxose eco das queixas de mulleres usuarias do Hospital Materno Infantil de Ourense no CHUO e tamén de varios profesionais que denuncian o "estado deplorable" e as "deficiencias" nas instalacións nas que aseguran que "aínda non foi totalmente solventado o problema derivado da caída dun falso teito". Sinalan que ademáis de non dispor de espazos apropiados "se coinciden tres partos non chegan os paritorios". Para Arrolos da Teta "hai problemas de salubridade con ratas e cascudas" ademáis de faltar "privacidade". Andrea Lorenzo, integrante de "Arrolos de teta" agarda que a nova xerencia poña solucións definitivas e non "parches".