Contaminación

Denuncian a proliferación de vertedoiros irregulares nas areeiras de Sandiás

Ecoloxistas en Acción Orense alerta de que se siguen usando os terreos das areeiras de Sandiás como vertedouros ilegais de lixo, a pesar da existencia de puntos limpos para recoller os entullos

Óscar Gómez

Ourense | 10.05.2022 09:31

Denuncian a proliferación de vertedoiros irregulares nas areeiras de Sandiás
Denuncian a proliferación de vertedoiros irregulares nas areeiras de Sandiás | onda cero

Ecoloxistas en Acción Ourense denuncia que o uso de terreos das areeiras de Sandiás como vertedoiro de lixo segue sendo unha realidade, a pesar da apertura dos puntos limpos nos concellos de Vilar de Santos e Xinzo de Limia. Segundo a organización ecoloxistas o que ao principio eran pequenos cúmulos de lixo, convertéronse en grandes montoneiras de materiais procedentes de obras como rodas, electrodomésticos, materiais de construción, tubaxes e mesmo anacos de beirarrúas.

O Concello de Sandiás anunciou recentemente que trataba de recuperar estes espazos para gozar do avistamento de aves na lagoa de Antela. As ecoloxistas sinalan que un destino ornitolóxico atractivo, como tratan de promocionar tanto o Concello como a Xunta de Galicia, é incompatible cun vertedoiro de lixo.

Ecoloxistas en Acción dirixiuse ao rexedor do Cocello de Sandiás para facerlle coñecedor da proliferación destes vertedoiros nas areeiras e demandarlle medidas para remediar esta situación. “É necesario que se investigue a procedencia das verteduras e se sancione aos infractores. Tamén se debería sinalizar a zona concienciando da necesidade de preservar este espazo natural protexido” apuntan desde a organización ecoloxista.