Infraestructuras

A Deputación inviste preto de medio millón de euros na mellora das estradas pronviciales

Estas obras supoñerán a mellora da seguridade viaria dos tramos nos que se está a actuar, así como a comodidade da circulación dos usuarios que transitan por eles.

Óscar Gómez

Ourense | 10.10.2023 08:02

A Deputación inviste preto de medio millón de euros na mellora das estradas pronviciales
A Deputación inviste preto de medio millón de euros na mellora das estradas pronviciales | onda cero

No Concello de Monterrei estanse a levar a cabo as obras de rehabilitación do firme da estrada provincial OU-1012 que une Albarellos con Oímbra, en Vilaza, cun investimento de preto de 41.995 euros, para suplir as deficiencias que existían no pavimento. Para elo, foron proxectadas actuacións de conservación preventiva para evitar a necesidade dunha rehabilitación estrutural, ademais de proceder á sinalización horizontal da estrada.

Estase a reformar tamén o firme na OU-1107, na travesía de Cualedro, cun investimento de 59.423 euros, nun tramo que discorre integramente por este concello. Ao igual que no caso anterior, trátase de actuacións preventivas consistentes na extensión dunha capa de mestura bituminosa sobre o pavimento existente, coa conseguinte reposición da sinalización horizontal e das bandas transversais de alerta existentes.

Unha actuación similar estase a desenvolver no Concello de San Xoán de Río, onde cun investimento de 90.000 euros, se está a reforzar o firme na OU-0706 na aproximación ao núcleo dende a vía autonómica OU-536.

Por outra banda, en Castrelo de Miño, a Deputación de Ourense está a acondicionar o tramo final da estrada provincial OU-0304 chegando a Astariz, cun investimento de 187.537 euros. O estado actual desta estrada requiría levar a cabo obras de ensanche e mellora na plataforma. Por último, no Concello de Cartelle estase a realizar o acondicionamento e mellora na OU-0216 entre Prado e Sande, cun investimento de 68.089 euros.