Comercio

A deputación de Ourense colaborará para mellorar a empregabilidade de mulleres de máis de 45 anos

A Deputación e Executivas de Galicia abordaron a posibilidade de establecer unha cooperación activa que axude “ás maiores de 45 anos a conseguir emprego e reforce tamén a autoestima de mulleres que teñen unha presenza moi destacada en diferentes eidos da nosa provincia”.

Óscar Gómez

Ourense | 01.12.2023 08:01

A deputación de Ourense colaborarán para mellorar a empregabilidade de mulleres de máis de 45 anos
A deputación de Ourense colaborarán para mellorar a empregabilidade de mulleres de máis de 45 anos | onda cero

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu da Deputación á presidenta da Asociación Executivas de Galicia, Carla Reyes, coa fin de explorar vías de colaboración entre ambos organismos.

Nesta primeira reunión, Menor e Reyes abordaron a posibilidade de establecer unha cooperación activa que axude “ás mulleres maiores de 45 anos a conseguir emprego e que reforce tamén a autoestima de mulleres que teñen unha presenza moi destacada en diferentes eidos da nosa provincia”, sinalou o presidente provincial.

Así, estas propostas concretaranse nas vindeiras semanas, tal e como explicou Luis Menor, partindo da base de que unha delas estará enfocada ao reforzo da formación de mulleres con dificultades de inserción laboral, así como á mediación ante empresas que solicitan determinados perfís laborais, co fin de ofrecerlles formación nestes campos. A segunda liña de colaboración estará enfocada á posta en valor das mulleres representativas en diversos eidos da provincia, seguindo así a liña marcada por Executivas de Galicia a nivel rexional coa súa acción denominada “Referentes de Galicia”.