O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan Manuel Casares, con quen analizou propostas de colaboración cara a potenciar e reactivar economicamente o sector vitivinícola nesta importante e histórica denominación de orixe ourensá. Entre os temas tratados figuraron o enoturismo e a “Ruta do Viño do Ribeiro” orientados ao Xacobeo 2021, “unha oportunidade para relanzar o sector turístico da provincia na etapa poscovid, destacando as excelencias e singularidades que ofrecen os nosos viños, o termalismo e a riqueza natural e patrimonial da provincia de Ourense”, afirmou Manuel Baltar.