Exposición "Aquí e agora"

A Deputación de Ourense trae a esencia de Cuba para colgar nas súas paredes

Ariansis Reyes e Frank González chegan coas súas pinturas e as cores do Caribe á institución provincial.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Deputación de Ourense trae a esencia de Cuba para colgar nas súas paredes
A Deputación de Ourense trae a esencia de Cuba para colgar nas súas paredes | Deputación de Ourense

A exposición titulase “Aquí e agora” e ven a significar un paso máis na traxectoria creativa de Ariansis Reyes e Frank Elia González, unha parella na vida cotiá e dous proxectos pictóricos diferentes.

Ariansis Maricel Reyes Jordan (1991, Manzanillo-Granma-Cuba) é unha artista graduada na Academia Profesional de Artes Plásticas “Carlos Enrique Gómez” de Manzanillo. As súas obras son unha terapia introspectiva que, a través de cores, contrastes, pinceladas e figuras en tecido expresan emocións complexas e sentimentos persoais. “A miña obra non é só un proceso de curación persoal senón tamén unha crítica ás normas sociais que impoñen ideais de beleza e comportamento”.

Frank Elia González Martínez (1990, Manzanillo-Granma-Cuba) graduouse na mesma Academia Profesional de Artes Plásticas e ao concluír os seus estudos, traballou temporalmente no Taller de Libre Creación da súa localidade natal. Onda os e as artistas da cidade, participou en diversos proxectos e exposicións. A súa obra está rexida pola memoria, coa que trata de construír unha identidade propia onda a súa contorna. “Ante o lenzo eu enfróntome ás miñas contradicións e é aí onde desenvolvo as miñas ideas e os meus proxectos”.

As súas obras poden verse na planta principal do Pazo provincial, sede da Deputación de Ourense.