Rural

Descende a preocupación polos roubos habidos en xullo

Manuel Prado (Alcalde de Beariz): "Agardamos recuperar o colexio público no máximo de dous anos".

Paco Sarria | Jesús Álvarez

Ourense |

O Alcalde de Beariz, Manuel Prado, declarou en Onda Cero Ourense, tra-lo anunciado peche do seu colexio público por falla de alumnos que agarda revertir a situación no máximo de dous anos, discrepando da decisión adoptada polas autoridades educativas.

Ademáis de abordar o retorno de emigrantes (procedente fundamentalmente de México) durante o verán, explicou o éxito da aldea de Alvite e abordou tamén outras cuestións en Mas de Uno como o descenso da preocupación pola oleada de roubos en domicilio rexistrada o pasado mes de xullo.