OUFF 29

"Los destellos" de Pilar Palomero gaña a 29ª edición do Festival de cine de Ourense

A directora aragonesa Pilar Palomero levase a Calpurnia á mellor película do OUFF 29 e a mexicana "Sujo" de Astrid Rondero e Fernanda Valadez a mellor dirección

Jesús Álvarez

Ourense |

Público asistente al Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF)
Público asistente al Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) | OUF 29

Unha ollada femenina triunfou para o xurado na 29ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (Ouff) que elexiu á longametraxe “Los destellos” de Pilar Palomeropara o gran premio Calpurnia ao mellor filme. O xurado destaca a "coherencia, naturalidade e emotividade co que a obra narra o sentimento ante a morte" e o uso "extraordinario" dos recursos audiovisuais dun filme que foi tamén un dos aclamados no pasado Festival de San Sebastián, recoñecendo cunha mención especial na categoría de mellor interpretación a actriz Marina Guerola.

No palmarés do OUFF o Premio Carlos Velo á mellor dirección foi para as directoras mexicanas Astrid Rondero e Fernanda Valadez pola cinta "Sujo" que narra a historia dun neno de 4 anos fillo dun sicario asasinado. Tamén o xurado resaltou neste filme "o punto de vista feminino nun universo masculinizado".

O taiwanés Wei Liang Chiang fixose co mellor guión nunha opera prima que aborda a migración ilegal. A mellor interpretación masculina da competición internacional levouna o autor Vítor Ruiz protagonista do filme Luso "O bébado" de André Marqué. Ma categoría de guión houbo mención especial do xurado para a directora India Payal Kapadia polo filme "La luz que maginamos" e foi recoñecida a mellor fotografía do filme "Mongrel".

Xa na sección "Panorama de Galicia" o galardón Xacobeo ao mellor filme foi para a historia dos fillos de emigrantes de Suiza no documental de Adien Bordone con “Mes amis espagnois” calificada coma unha aportación "pioneira", mentres o Premio Ourense film Commision á mellor dirección recaeu no ourensá Emilio Fonseca polo ensaio "Salvaxe, salvaxe" rodada en montes galaico-lusos para procurar imaxes e ausencias do lobo ibérico. "Paisaje Épico" de Valeria Roig foi recoñecida co mellor guión e Aurora do documental homónimo da viguesa Area Erina levouse o recoñecemento á mellor interpretacion

O Ourense film festival será clausurado este venres co filme “Marco” protagonziado por Eduard Fernández e Nathalie Poza nunha gala na que o director de orixe ourensá, Rodrigo Cortés recibirá a Calpurnia de Honra e a productora Andrea Vázquez o Premio Chano Piñeiro.