Unha patrulla da Policía Local, de servizo pola zona, observa como un vehículo circulaba pola vía mencionada, sen luces e a grande velocidade, polo que ao tentar interceptalo, fixo caso omiso os sinais de alto e foxe, non obstante ao chegar á glorieta da mesma rúa, perdeu o control e detivo a marcha, para seguidamente dar marcha atrás e chocar co vehículo patrulla que viña detrás.
Interceptado vehículo e condutor, este non realizou as probas preceptivas de alcoholemia, negándose reiteradamente, até o punto de querer abandonar o lugar, agredindo os axentes, por tal motivo e polos feitos descritos procedeuse á súa detención e instrución de dilixencias xudiciais
No cacheo do vehículo incautouse un machete de 45 cm. de folla e unha bolsa que contiña unha substancia estupefaciente.
Sorprendido cando estaba forzando a porta dun bar
Na rúa do Concello con avenida da Habana recibeuse a alerta de que unha persoa estaría tratando de acceder a un bar que estaba pechado, forzando a entrada, cun obxecto metálico, polo que ao mesmo lugar dirixiuse unha patrulla policial, que, coa descrición interceptou a unha persoa abandonado o lugar, pola rúa do Concello, levando encima unha muleta e a metade dunha tesoira, comprobando como efectivamente a fechadura do local fora forzada e a porta estaba aberta, sen chegar a levar nada ao ser sorprendido por unha persoa que pasaba pola zona.
Por estes feitos procedeuse á súa detención e á instrución de dilixencias xudiciais.