A policía nacional de Ourense logrou deter a unha muller coma responsable dos lumes en contenedores no barrio ourensán de A Ponte que provocaron danos en tres vehículos e nas fachadas dun edificio e catro comercios. Os axentes da UDEV concluíron que foi a mesma persoa a autora dos tres actos vandálicos intencionados cuantificando os danos nuns 29.000 euros. A detida pasou xa a disposición xudicial.