SUCESOS

Detido un home que presuntamente roubou cartos e móbiles e pediu cartos por recuperar os terminais

Un veciño de Ourense que fora sorprendido roubando no interior dunha furgoneta tentatou logo extorsionar aos familiares da vítima por whatsapp

Jesús Álvarez

Ourense |

Imagen de archivo de la Policía Nacional.
Imagen de archivo de la Policía Nacional. | POLICÍA NACIONAL

A policía nacional de Ourense detivo a un home acusado dun presunto delito de furto por sustraer do interior dun vehículo unha riñoneira que contiña 2985 euros e dous termináis móbeis. Segundo os axentes, o detido foi sorprendido o pasado 26 de setembro por un repartidor dunha empresa dentro da sua furgoneta na que, aproveitando un descoido, arrebatoulle a riñoneira que contiña os cartos e os teléfonos. Deuse a circunstancia de que o presunto autor do furto utilizou un deses terminais para enviar sendas mensaxes de whatsapp a familiares da vitima para indicarlles que atopara un dos terminais e que se querían que llo devolverá ao dono deberían pagarlle certa cantidade de cartos.

Logo de ter coñecemento desta circunstancia, a vítima púxose en contacto coa policía iniciándose a investigación por parte da UDEV de Ourense que culminaría o pasado 3 de Outubro ca localización e detención do presunto autor do furto, pasando posteriormente a disposición xudicial.