A garda civil de Ourense e Carballiño tomou declaración en calidade de investigados a dous veciños de A Fontela (Maside) como presuntos autores dun delicto continuado de furto tras apoderarse de vías férreas en localidades dos concellos de Xunqueira de Ambía e Paderne de Allariz.
Posteriormente e no marco da operación Rayl.Ou tomaron tamén declaración en calidade de investigados a outros 3 veciños de Maside e Carballiño polo mesmo ilícito e como integrantes de banda criminal. Ós 5 investigados están relacionados tamén con outros roubos de railes en Baños de Molgas.