A celebración dos próximos días Europeos da Artesanía reúne aos artesáns locais que realizan o seu traballo en Allariz e a súa comarca a través dunha Exposición que poderá visitarse ata Semana Santa na Sala A Paneira, situada na Praza Maior.
Durante estes días do 27 ao 2 toda Europa celebra o bo facer e a mestría destes artesánsl a través de diferentes eventos, demostracións e exposicións como esta que pretenden achegar a poboación estes oficios artísticos e o seu “ savoir faire” de maneira gratuíta. O obxectivo é acercar a artesanía ao público xeral para promover que estes oficios artesanais sexan valorados e preservados pola nosa sociedade como patrimonio cultural, xa que algúns deles teñen serio risco de desaparecer.
Nesta ocasión Allariz e os artesáns que traballan nela e a súa comarca rural próxima, mostrarán a través de diferentes pezas os seus traballos máis artísticos. Nela poderanse atopar pezas de oficios téxtiles, gravado, ilustración, coiro, xoiería , cerámica, cestería, esmalte e zapatería. Polo tanto serán máis de 15 artesáns que realizan a súa actividade nesta zona da nosa provincia de maneira habitual nos seus obradoiros.
Ademais de admirar as súas pezas máis exclusivas e únicas, nesta exposición os visitantes poderán atopar a través dun mapa os seus talleres e descubrir como se realizan os seus oficios á vez que pasean polas rúas históricas de Allariz. Unha actividade cultural que ten á artesanía como centro desta celebración. Con ela preténdese que a persoa que a visite poida gozar da exposición e a riqueza artesanal da zona, ademais de que coñeza de primeira man os detalles de como se realizan estas actividades artesanais hoxe en día nos obradoiros e as persoas artesás que as realizan.