VIOLENCIA DE XÉNERO

Dimite o edil popular de Ribadavia Juan Carlos Fernández

O edil popular que fora detido e xulgado tras unha denuncia da sua parella, renunciou á sua acta e solicitou a baixa no PP

Jesús Álvarez

Ourense | 19.09.2024 11:06

Dimite o edil popular de Ribadavia Juan Carlos Fernández
Dimite o edil popular de Ribadavia Juan Carlos Fernández | Concello Ribadavia

Nas últimas horas comunicou a renuncia a sua acta de concelleiro de servizos municipais en Ribadavia e a baixa no partido popular, o edil do grupo de goberno, Juan Carlos Fernández que fora detido o pasado martes por un presunto delito de violencia de xénero.

No escrito do que deu conta previamente ao alcalde, Fernández, entende "que se trata da mellor decisión para non danar a imaxe do concello e do goberno municipal dada a situación xudicial na que se atopa". Polos mesmos motivos, presentou a solicitude de baixa no PP afirmando "que desexa ter toda a liberdade necesaria para afrontar esta situación e demostrar a sua inocencia, coa máxima colaboración coa xustiza".

Segundo o concelleiro popular trátase dun caso de violencia verbal tras ser denunciado pola sua parella do que foi xulgado nun xuizo rápido quedando en liberdade con cargos e a prohibición de achegarse a ela a menos de 300 metros .

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora