As ourensás Raquel Nogueira e Alba Araújo resultaron ser as primeiras clasificadas na convocatoria de axudas para a escritura de guións audiovisuais da Xunta de Galicia. De tal xeito desenvolverán o guión inicial dun proxecto audiovisual.
Ambas profesionais forman parte do equipo de guión da nova serie da productora CTV para a Televisión de Galicia,
A actriz ourensá Raquel Nogueira conseguíu clasificarse en primeiro lugar na categoría B de autor non novel, polo que recibirá 10 mil euros para un comedia que levará por título; previsiblemente; "La historia entre tus piernas". Mentres que Alba Araújo quedou clasificada en segundo lugar na mesma categoría recibindo a mesma cantidade para desenvolver o guión dunha serie de televisión que levará por título "Los Estudios".