Kickboxing

V edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

O pavillón municipal de Luíntra, en Nogueira de Ramuín, acolle este sábado, 15 de abril, a V edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra.

Óscar Gómez

Ourense | 13.04.2023 08:06

V edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra
V edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra | onda cero

O Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra, explican dende a organización, forma parte do calendario da Federación Galega de Kickboxing e Muaythai e “está considerado como un dos mellores eventos de kickboxing a nivel autonómico e nacional”. Na edición de 2021, o evento contou con 188 deportistas pertencentes a catro comunidades autónomas e a selección portuguesa. Nesta quinta edición súmanse escolas deportivas de toda España.

A proba disputarase este sábado entre as 08,00 horas -recepción dos equipos- ata as 20,30 horas nas probas de "Point Fighting", "Lightcontact", "Kicklight", "Mockcombat", "Kickboxing inclusivo", "Lowkick", "K1 style", "Full Contact" e "Muaythai".