As instalación da Piscina Municipal retoman parte da súa oferta deportiva. Están abertas as salas de musculación e de cardio cun aforo limitado de 6 persoas por quenda e sala. As quendas serán de 45 minutos. Para poder facer uso deste servizo, deberás reservar cita no teléfono 988 442 083 en horario de 09:00h ás 13:00h e de 17:00h ás 21:00h, de luns a venres, e 10:00h ás 13:00h de sábado a domingo.
O resto de dependencias da Piscina Municipal non se pode facer uso delas polo de agora.
O Fogar dos maiores está dispoñible a atención ao público de luns a venres en horario de 09:00h ás 14:00h, con ventá única. Para concertar unha cita coa traballadora social deberase solicitar no teléfono 988 554 059.
Podes acudir dende hoxe a Biblioteca Municipal para facer uso do préstamo bibliotecario. Consulte a web do catálogo no enlace http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx… .Non se pode acceder as coleccións e será a persoa encargada do servizo a que facilite os libros, na ventá de atención única. Pódese acceder a mesa de prensa, unha persoa por quenda.
Para calquera dúbida ou consulta sobre o servizo poderás chamar ao 988 440 859. O horario deste servizo será de 09:30h ás 14:00h de luns a venres. A Oficina de Rehabilitación e Urbanismo, con atención preferentemente no 988 554 006, esta en horario de 09:00h ás 14:00h, de luns a venres.
Prégase as persoas que acudan as dependencias municipais, que respecten en todo momento as indicacións que o persoal responsable dos diferentes servizos lle indica, mantendo as medidas de distanciamento social, usando máscara se non se pode respectar os 2m e seguindo as recomendacións de hixiene de mans.