DIMISIÓN EN IRIXO

Un edil socialista que apoiou unha moción de censura marcha con críticas a alcaldesa

A alcaldesa de Xuntos polo Irixo agarda "que todo continúe igual" no goberno a pesar da demisión dun dos dous edis do Psoe que a apoiaron

Jesús Álvarez

Ourense |

08-30 SUSANA IGLESIAS O IRIXO
08-30 SUSANA IGLESIAS O IRIXO | Onda Cero

A alcaldesa do Concello ourensán do Irixo, Susana Iglesias sinalou hoxe que respeta a demisión de Iago Fariñas, un dos dous edis socialistas que a apoiou na primeira moción de censura presentada en Galicia tralas eleccións de maio de 2023. Foi en Agosto dese mesmo ano cando os socialistas chegaran a un acordo cos tres edis de Xuntos polo Irixo para arrebatarlle a alcaldiía ao popular Lito Cerdeira.

A falta de consenso despóis de que un edil votase en contra puido ser o detonante anque a rexedora agarda que "todo poida seguir coma ata agora" en referencia ao pacto de goberno.. Iglesias non quixo pronunciarse sobre as descalificacións persoais que recibiu do edil anque amosouse sorprendida porque a calificase coma "unha mala persoa" cando foi él quen lle "propuxo entrar en política para defender á veciñanza" que é o que asegura quere seguir facendo.