Ate de colectivos sindicais que representan ao funcionariado convocaban esta mañá concentracións diante das sedes de Muface. En Ourense as mobilizacións desenvolveronse na rua Bedoia onde reclamaron solucións para que o goberno "sega garantindo unha asistencia de calidade" aos empregados e empregadas públicas despóis de ter anunciado que máis dun millón e medio de traballadores públicos que ate agora tiñan asistencia sanitaria coa mutua funcionarial poderían pasar a depender directamente da sanidade pública ao renunciar as asegudoras a acudir ao concerto sanitario.
Nun manifesto o colectivo reclamou do goberno "un novo convenio e un plan de viabilidade para a asistencia sanitaria" pero tamén cuestionou ás propias aseguradoras denunciando que "son insaciables e queren incrementar os beneficios econñomicos a conta do estado, baixo o argumento de que o modelo MUFACE está infrafinanciado". Neste contexto acusaron ñas mutuas de "querer derivar á sanidade pública os casos máis graves" e urxíronlle "acadar un acordo, priorizando na atención sanitaria dos mutualistas".
Os funcionarios de distintas administracións entre os que había docentes ou profesionais das forzas de seguridade, sinalaron que "o 72% das persoas cubertas por Muface elixen anualmente un modelo concertado" e que en 2022 "dous de cada tres novos funcionarios optaron pola sanidade pública". Neste contexto lembraron o "impacto que pode implicar a migración á sanidade pública polo que tamén demandaron que se traballe para que esta ofreza unha atención de calidade".