A empresa Strategic Minerals Spain, que explota a mina da Penouta en Ourense rexeitou as acusacións de Ecoloxistas en acción que a responsabilizou da presencia de "arsénico" nunha das captacións de auga próximas á mina de Viana do Bolo.
Nun comunicado, a empresa acusa ao colectivo ecoloxista de aportar analíticas que non están acreditadas por unha empresa certificada e sinala que o punto da suposta contaminación está fora da concesión da explotación mineira. Asemade engaden que descoñecen a tubería de ferro que puido producir o dano denunciado xa que as que utiliza a empresa son de polietileno ou caucho. Tamén afirman que todolos controis medioambientais aos que está sometida Strategic Minerals Spain están en niveis "normais" e que a empresa non realiza verquidos industriais.