O xurado do Premio Ourensanía que promove a Deputación provincial de Ourense decidiu outorgar a edición 2024 ao empresario afincado en México, Olegario Vázquez Raña recoñecendo a sua "especial vinculación con Ourense", en particular co Concello de Avión. Destaca o xurado os "lazos que cobran máis importancia tendo en conta a sua traxectoria, proxección internacional tanto en México e américa coma no resto do mundo".
O presidente da Deputación, Luis Menor xa trasladou persoalmente a decisión do xurado con esta distinción e os seus agracementos, puidendo confirmar que Vázquez Raña "virá persoalmente a Ourense a recoller o galardón".
Olegario Vázquez Raña naceu en México o 10 de decembro de 1935, dez anos despois de que a sua familia, natural de Avión, chegase ao país latinoamericano e iniciase a sua aventura empresarial cunha tenda denominada “Almacenes Vázquez” que pronto pasou a convertirse no “Grupo empresarial Ángeles” fundado en 1998 un dos conglomerados máis importantes e exitosos de México.
O xurado presidido polo titular da institución provincial propuxo ao galardoado "por unanimidade".
Dende a Deputación continúan así unha tradición do Premio Ourensanía coma "recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns ou persoas vencelladas á provincia que teñen destacado nas suas facetas profesionais, sociais ou intelectuais".