Ourense Cidade

A enchente do río Miño fai que as termas só poidan funcionar de xeito intermitente

O alcalde critica a “mala idea de quen decidiu situar as termas alí, onde están inoperativas durante varios meses ao ano”

Óscar Gómez

Ourense | 23.11.2022 07:55

A enchente do río Miño fai que as termas só poidan funcionar de xeito intermitente
A enchente do río Miño fai que as termas só poidan funcionar de xeito intermitente | onda cero

As termas públicas e gratuítas da Chavasqueira e do Muíño da Veiga funcionan de xeito intermitente no día de hoxe como consecuencia da enchente do leito do río Miño. O aumento de caudal fixo que as termas da Chavasqueira quedasen anegadas e que as do Muíño non poidesen estar operativas temporalmente ao non poder desaugar. En consecuencia, as termas funcionan no día de hoxe intermitentemente, sucedéndose etapas nas que están inutilizables _arestora tanto A Chavasqueira como Muíño volven estar anegadas_e outras nas que si poden ser usadas. Porén, o Concello traballa para que as termas se poidan utilizar sempre que sexa posible.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome criticou “a mala idea de quen decidiu situar as termas alí, xa que a súa proximidade ao río fai que estean inoperativas durante varios meses ao longo do ano, ademais de incrementar de xeito considerable os custos de mantemento das instalacións”

chavasqueira
chavasqueira | onda cero