O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, continúa coa súa rolda de encontros coa cidadanía para “escoitar as suxestións, inquietudes e necesidades da xente porque, como representantes políticos, este debe ser un traballo previo prioritario para elaborar a folla de ruta de calquera goberno”, afirmou Cabezas, “entendendo sempre que o noso labor debe ir sempre dirixido á mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”.
Nesta ocasión, a xuntanza celebrouse coa Agrupación Miño, que aglutina asociacións do rural da cidade, que manifestaron a súa preocupación pola anunciada reestruturación da liña de autobuses. Neste sentido, Cabezas comprometeuse a que o Partido Popular estará ao carón das necesidades que lle traslade a veciñanza e a "axudalos no que así nos soliciten durante estes frutíferos encontros que nos están a permitir realizar un esbozo da situación real da nosa cidade”, sinalou Manuel Cabezas.