Cultura

O escultor Álvaro de la Vega presenta no Marcos Valcárcel un relato da vía cotiá

A árbore da vida, na que o escultor galego Álvaro de la Vega fai un relato sobre temas recorrentes e universais da vida cotiá a través de 375 figuras humanas.

Óscar Gómez

Ourense | 21.01.2022 08:04

O escultor Álvaro de la Vega presenta no Marcos Valcárcel un relato da vía cotiá
O escultor Álvaro de la Vega presenta no Marcos Valcárcel un relato da vía cotiá | onda cero

Ata o próximo 13 de marzo o Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición Oxímoron. A árbore da vida, na que o escultor galego Álvaro de la Vega fai un relato sobre temas recorrentes e universais da vida cotiá a través de 375 figuras humanas realizadas no seu material preferido: a madeira.

A exposición, coa que o escultor volve a mostrar a súa obra en Ourense tras un longo paréntese, foi inaugurada coa presenza do propio artista, acompañado pola deputada de Cultura da Deputación de Ourense, Patricia Torres, e o director do Centro Cultural, Francisco González