O PP esixe que os 11 millóns de euros sobrantes de axudas a autónomos se adiquen a hostalería
“Os cartos dos ourensáns deben revertir nos ourensáns, e neste momento é unha situación na que hai que actuar de xeito contundente” sinala Ana Morenza
OConcello de Ourense, con data 18 de xuño, aprobou unha modificación orzamentaria, por importe de 20 millóns, para axudar a aqueles autónomos, que exercesen a súa actividade no municipio de Ourense, e que se visen afectados pola crise económica derivada da pandemia da Covid- 19. Esta medida foi aprobada e acadada co empeño e os votos do PP na súa etapa de Goberno na cidade.
Unha vez rematado o prazo para solicitar a devandita axuda (30 de outubro), e tramitadas todas as solicitudes (máis de 4.300), segundo os datos dos que dispón o PP local, só foi necesario destinar unha parte da partida de 20 millóns que se aprobou para tal fin. Polo tanto, quedan aproximadamente algo máis de 11 millóns de euros sen utilizar.
A evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na nosa Comunidade Autónoma, impón no momento actual a necesidade de adoptar novas medidas sanitarias para evitar a propagación da covid-19 en concellos galegos. Un dos concellos galegos máis afectados por ditas medidas restritivas é o concello de Ourense.
Estas novas medidas afectan moi directamente a sectores como os da Hostalaría e Turismo, obrigados ao peche dos seus establecementos, e o peche de ditos sectores afecta directamente a outros como o Comercio Local.
Polo que, entendemos que desde o Concello de Ourense, é imprescindible establecer novas axudas, dirixidas aos sectores máis perxudicados pola crise que estamos a vivir .
“Dispoñemos de, aproximadamente uns 11 millóns sobrantes, da modificación orzamentaria de 20 millóns reservada para axuda a autónomos, o diñeiro dos ourensáns ten que voltar aos ourensáns, sobre todo a aqueles que máis o necesitan”, sinala a concelleira Ana Fernández Morenza.
Por todo elo, o Grupo Municipal Popular no Concello de Ourense vén de presentar unha moción na que insta ao Goberno do Concello de Ourense para que, con carácter de urxencia, destine os aproximadamente 11 millóns de euros, non utilizados da modificación orzamentaria que dotaba a axuda de autónomos, para axudas directas para o sector da Hostalaría e Comercio Local do Concello de Ourense.