O Partido Popular de Ourense denuncia os incumprimentos do Goberno de España en relación á instalación de fibra óptica nas zonas rurais de Ourense. “O Goberno comprometeuse a que todos os fogares do rural contasen con fibra óptica para 2024, pero a estas alturas do ano os datos reflicten un total incumprimento”, lembrou Sandra Quintas. Ademais da falta de conectividade, a secretaria da xestora provincial, asegurou que “hai que sumar tamén os centos de incidencias que denuncia a veciñanza porque os instaladores non lle poden dar servizo a internet, xa que moitas caixas de conexión instaláronse en lugares que o fan tecnicamente inviable”.
A alcaldesa de Bande, destacou que a súa vez existe un grave problema co mantemento e resolución de incidencias. Pola súa banda, Patricia Torres puxo de manifesto que “a día de hoxe hai moito teletraballo e moita xente que necesita conexión, e hai moitos concellos que en 2024 non teñen nin un 20% de conectividade”.
Na mesma liña, o alcalde de Baños de Molgas lamentou que “o rural siga xogando en clara desvantaxe”. De feito, o popular asegurou que en concellos como o de Baño de Molgas, “hai persoas que teñen que marchar a vivir a outro lado porque precisan de internet para traballar”.