Obras

Desde este luns 11 e ata o día 22 corte do ramal de saída da A-52 en dirección Beneavente

Para avanzar nos traballos é preciso actuar na totalidade do ramal polo que se habilitará un desvío alternativo para dar servizo aos usuarios da estrada

Óscar Gómez

Ourense |

Atascos en la A-52 por las obras del nuevo enlace del polígona | La Región

- As obras do novo acceso ao polígono de San Cibrao das Viñas obrigan ao corte do ramal de saída da A-52 en dirección Benavente. Este corte, que será efectivo desde este luns e ata o vindeiro día 22 de maio, permitirá actuar nun punto moi importante para o avance desta infraestrutura.

Os traballos previstos centraranse na execución do novo enlace. De acordo coa programación das obras, traballarase na totalidade do ramal, para o que está previsto habilitar un desvío alternativo para continuar dando servizo aos usuarios que precisen continuar cara a Benavente.

O itinerario alternativo dispón a saída do enlace dirección Ourense, ata a saída 224, para realizar nese punto o cambio de sentido e retomar a marcha dirección Benavente.

Os outros tres ramais, así como o tronco da autovía A-52, manteranse en servizo.

Realízase este corte do ramal durante estas dúas semanas coincidindo cun momento no que os niveis de tráfico se reduciron en valores próximos ao 80, por mor do estado de alerta sanitaria polo COVID-19. O obxectivo é minimizar o máximo posible a incidencia deste corte nos condutores.

Investimento da Xunta superior os 21 millóns de euros

As obras da conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52 seguen así a avanzar e xa se atopan ao 90% da súa execución total. O obxectivo é telas rematadas este mesmo verán. Esta actuación, cun investimento da Xunta superior aos 21 millóns de euros, reducirá en máis do 60% o percorrido actual entre o polígono e a autovía que vai a Madrid.

Esta actuación estratéxica para o Goberno galego suporá o incremento da seguridade viaria, a mellora da conectividade coa autovía de Celanova e o reforzo da competitividade de toda esa zona.