FUNERGAL 2024

Expourense acolle a 12ª Feira Internacional de productos e servizos funerarios

Ourense convírtese de novo en punto de encontro co sector funerario, cos últimos servizos e productos coma "chaveiros ou xoias" para as cinzas

Jesús Álvarez

Ourense |

Expourense acolle a 12ª Feira Internacional de productos e Servizos Funerarios
Expourense acolle a 12ª Feira Internacional de productos e Servizos Funerarios | Expourense

O recinto feiral de Expourense será do 16 ao 18 de Maio o punto de encontro da sector funerario ca décimo segunda edición da Feira Internacional de Productos e Servizos funerarios “Funergal” que reunirá a 55 expositores procedentes de 8 países e acollerá visitantes de catro continentes. A feira acollerá ademáis o "3º Terceiro Congreso Internacional de directivos funerarios" no que se abordarán temas coma a "innovación, sostenibilidade ou a ética profesional".

En Funergal daranse a coñecer os principais servizos e novidades que ofrece un sector moi importante para a provincia de Ourense que na actualidade conta cunhas 60 empresas funerarias, algo que remarcaba o presidente da Asociación de Empresarios Funerarios, Rubén Campo que tamén apuntaba o descenso de producción que tiveron trala pandemia e polo descenso poboacional dunha das provincias máis avellentadas.

Os empresarios funerarios destacan o alto interés por formarse na "tanatopraxia e a alza das cremacións" o que traerá a Funergal novas tendencias en relación ao depósito de cinzas dos seres queridos con productos coma "chaveiros, bolígrafos ou xoias".

No acto de presentación o novo Delegado da Xunta, Manuel Pardo quixo aproveitar a ocasión para "poñer en valor a importancia da industria funeraria na provincia e o importante papel que tivo o sector nos dificis momentos que se viviron na pandemia".

O xerente de Expourense, Roxelio Martinez lembrou que Funergal é a primeira das tres feiras internacionais que acollerá Expourense este ano á que seguerán Termatalia en Setembro e Xantar en Outubro. Martínez incidiu en que o evento feiral é "a única feira internacional recoñecida polo goberno de España que se celebra na Península Ibérica" o que se traduce nun importante "posicionamento" de Ourense dentro do sector achegando ate o recinto expositores procedentes de China, México, Portugal ou Países Baixos ademáis de profesionais dunha veintena de países tan dispares coma a India, Lituania, Reino Único ou El Salvador.

O evento conta tamén co respaldo da Deputación para a que a importante presencia de visitantes internacionais é tamen "unha boa ocasión para que coñezan a provincia" coma suliñou o deputado de representación institucional, Rosendo Fernández. Precisamente dentro das actividades paralelas programadas para os profesionais que visiten Funergal están visitas a zonas turísticas da provincia e degustacións gastronómicas.

Funergal 2024 en Expourense
Funergal 2024 en Expourense | Expourense

O horario de apertura será de dez a seis da tarde os dias 16 e 17 de Maio e de dez a duas e media o sábado 18.

A información pode atoparse en www.funergal.com e nas redes sociais.

Quenes acudan a visitar a feira en Ave ou longa distancia dende Madrid terán posibilidade de acceder a un 10% de desconto no billete.