Entre a relación de aspirantes a podio, contaremos ca presenza do atleta do ADAS CUPA Aron Pérez a quen recentemente vimos lograr o récord galego na proba dos 60 m. con 7.19. Adrián Bernárdez do Val Miñor e Sebastián Bascoy do Coruña Comarca estarán igualmente nos postos de favoritos na proba dos 300 m.
No medio fondo e fondo contaremos cas mellores opcións grazas á presenza nos 600 m. de Javier Picos do Marineda e de Sabela Martínez da Sociedad Gimnástica sobre os 1.000 m. Ambos afrontarán como líderes estas probas na que parten como serios aspirantes ao podio.
Nos 3.000 m. aposta de calidade da man de Sabela Castelo do San Miguel de Marín e de Alex Sierpes do Trega. Ambos acuden nun fantástico estado de forma que os levan a encabezar por marcas, a lista de participantes. Lembramos ademáis, que tanto Sabela como Alex lograban recentemente o campionato de España Sub16 de campo a través desenvolto en Pamplona. Carmen Martínez da Atlética Lucense, será outra das que tamén terá moito que decir sobre esta mesma distancia.
O xoven valor dos lanzamentos Hugo Casañas do Rías Baixas, estará tomando parte sobre un concurso de peso no que quedaba ás portas do récord galego recentemente.
Atención ás combinadas ca presenza de dous atletas en excelente estado de forma, Celia Fernández do Riazor Coruña e Nuno Castro do At. Millaraio. Iria Soleira do CD La Purísima tomará parte nas probas de altura e moi especialmente de triplo a onde se achega ca terceira mellor marca. Por último Sebastián Bascoy do Coruña Comarca, será outro dos atletas importantes participantes sobre a distancia dos 300 m