Ourense Cidade

Expourense acollerá a totalidade dos Campionatos Xunta de Galicia baixo teito

Novamente a pista cuberta de Expourense será un ano máis o lugar escollido para a celebración dos Campionatos Xunta de Galicia de Atletismo en Pista Cuberta, que en 2024 pasarán a denominarse Campionatos Xunta de Galicia de Atletismo en Pista Curta.

Óscar Gómez

Ourense | 09.01.2024 13:10

Expourense acollerá a totalidade dos Campionatos Xunta de Galicia baixo teito
Expourense acollerá a totalidade dos Campionatos Xunta de Galicia baixo teito | Fundación Expourense

Polo seu sintético, pasarán algo máis de 6.000 deportistas encadrados nun total de doce campionatos subdivididos en distintas categorías que abranguen idades comprendidas desde os maiores de dez anos (Sub10) ata os maiores de 80 (atletas Máster).

Estes campionatos foron presentados esta mañá en Expourense nun acto no que participaron representantes das distintas administración (local, provincial e autonómica) así como da Federación Galega de Atletismo e da propia Expourense.

Por competicións, sen lugar a dúbidas o Campionato Xunta de Galicia Absoluto do día 27 de xaneiro, representa o prato forte da tempada atlética galega. No mesmo estarán tomando parte os principais atletas top do noso deporte na procura do primeiro gran importante título da tempada en pista. No mesmo agárdase a presenza da mundialista e plusmarquista española en lanzamento de peso Belén Toimil quen xunto a bimedallista paralímpica Adi Iglesias nas probas de velocidade, o olímpico Jean Marie Okuto en lonxitude, e os internacionais El Mehdi El Nabaoui, Ester Navarrete, Alba Cuns, Diaou Diallo e Olaia Guisela Becerril entre outras formarán o cartel principal da edición.

Outro dos campionatos que contará cun gran atractivo será o Campionato Xunta de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 que se celebrará na fin de semana do 9 e 10 de marzo e que constitúe polo seu gran volumen de participación, a gran cita do atletismo base galego. Máis alá dos resultados deportivos, nestes campionatos incídense de maneira directa sobre os valores do deporte no que a deportividade, o compañeirismo o esforzo e a superación, representan os principais obxectivos dos mesmos.

Se ben o atletismo é considerado un dos deportes individuais por excelencia, durante este 2024 tamén haberá sitio para a disputa de interesantes encontros no apartado colectivo. As Copas de clubs tanto na categoría absoluta (14 de xaneiro) como a máster (7 de xaneiro) xuntarán en Ourense aos mellores conxuntos galegos na pelexa por estos importantes títulos que como ben sendo habitual, prevese sexan moi disputados e igualados.

A modalidade de combinadas terá os días do 20 e 21 de xaneiro e o 3 e 4 de febreiro a celebración dos seus campionatos. Esta especialidade que conta con gran tradición e notabilidade na nosa comunidade, representa na actualidade un dos sectores importantes do noso atletismo que conta con varios medallistas nacionais e de traxectoria internacional os cales estarán presentes neste campionato. Lucía Sánchez del Valle, Adolfo Saínz Maza ou mesmo Eva Martínez serán algúns dos atletas máis salientables que estarán en Expourense.

No resto de campionatos, salientar por evolución en canto ao número e medre de participantes nos últimos anos, ao Campionato Xunta de Galicia Máster do día 28 de xaneiro. Nesta cita tomarán parte os maiores de 35 anos en adiante que teñan mínima acreditada agardándose a presenza de plumarquistas e campións mundiais do nivel de Esther Pedrosa, Pepín Rioseco ou Carlos Morales que aportarán calidade e espectáculo a este evento.

Os campionatos Sub16 e Sub18 (10 e 11 de febreiro), Sub20 (24 de febrero) e Sub23 (21 de xaneiro) contarán de igual modo con importantes protagonistas sobre o sintético de Expourense. No mesmo tomarán parte algúns dos internacionais con máis proxeción do noso deporte tales como Xela Martínez, Alicia Barreiro, Leo Rodríguez, Xiana Lago, Lara Iglesias, Isabel Caeiro, Pedro Vázquez, Alex Sierpes ou Sabela Castelo entre outras.

Expourense acollerá a totalidade dos Campionatos Xunta de Galicia baixo teito
Expourense acollerá a totalidade dos Campionatos Xunta de Galicia baixo teito | Fundación Expourense

Expourense, a gran plataforma do deporte Galego

Desde a posta en funcionamento da pista cuberta de Expourense a finais do ano 2017, foron batidos máis de 200 novos récords galegos nas súas distintas modalidades o que pon de manifestó o gran impacto e importancia que esta infaestructura supuxo, e está a supoñer, para o atletismo galego.

A maiores, a experiencia organizativa de grandes eventos acumulada na instalación atlética con apenas seis anos desde a súa inauguración, está sumamente contrastada. Desde aquel pasado decembro de 2017 onde o Presidente da Xunta inauguraba o recinto abríndo así o século XXI ao atletismo galego, celebráronse preto de duascentas cincuenta probas oficiais. Das mesmas, máis de noventa corresponderon a Campionatos de Galicia e un total de oito foron probas de rango nacional entre as que destacan o Campionato de España Sub20 no ano 2018, o Campionato de España Máster no 2019 e 2021; a Copa de Clubs de Pista Cuberta e o Campionato de España

Sub16 no 2023, e os Campionatos de España Absoluto dos anos 2020, 2022 e que xunto a este 2024, corresponden ao rango máis importante dos celebrados ata o momento.

En todos e cada un deles, o Comité Organizador contaría con importantes eloxios pola súa capacidade de traballo, xestión e organización que se ve reforzada, ca maior capacidade de comunicación e achegamento ao resto dos puntos do Estado, grazas a esa importantísima conexión do AVE.

O nivel de expectación é tal, que as entradas prácticamente quedaron esgotadas ás poucas horas de sair á venda o que pon de manifesto ás excelencias dunha instalación quen ven da man dunha cidade volcada e que ademáis, conta con importantes ofertas lúdicas, gastronómicas e deportivas. A todo elo súmaselle unha afección entregada e entendida co seu deporte que converten a Ourense nun punto privilexiado do atletismo nacional e mesmo importante candidata a acoller eventos de rango internacional.

Unha pista, unha comunidade, unha provincia, un concello

A inauguración da pista cuberta de Expourense supuxo moito máis que unha infraestructura deportiva ao servizo do deporte galego. Ca súa posta en funcionamento cumplíase cunha das máis importantes reivindicacións do atletismo galego que ata o momento tiña na obsoleta pista cuberta de Riazor, con máis de medio século de funcionamento, a súa principal instalación invernal.

Desde ese instante, a cidade de Ourense converteuse no epicentro xa non só do deporte galego, si non tamén do atletismo nacional xa que aos distintos campionatos de España, sumáronselles varias concentracións levadas a cabo pola Real Federación Española de Atletismo na procura de por a punto as súas principais competicións internacionais.