Un garda civil de 47 anos destinado no Barco de Valdeorras faleceu nun sinistro viario rexistrado na localidade lucense de Quiroga cando a vítima viaxaba nunha moto e colidiu contra unha furgoneta a altura do quilómetro 31 da estrada LU-933.
Ate o lugar desplazáronse equipos de urxencias sanitarias que, a pesar de tentar reanimar ao accidentado, non puideron facer nada para salvarlle a vida.
O falecido, anque residía en Quiroga, levaba tres anos destinado no cuartel do Barco de Valdeorras onde o suceso causou gran consternación.
As causas están en investigación