Acidente

Falece unha persoa e dúas feridas nun acidente en San Cibrao das Viñas

Unha persoa faleceu e dúas resultaron feridas tras producirse un accidente entre un camión, un turismo e unha furgoneta en San Cibrao das Viñas.

Óscar Gómez

Ourense | 09.02.2023 17:02

Falece unha persoa e dous feridos nun acidente en San Cibrao das Viñas
Falece unha persoa e dous feridos nun acidente en San Cibrao das Viñas | La Voz de Galicia

O condutor da furgoneta faleceu e tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de San Cibrao, ao igual que os outros dous condutores que, tras ser liberados foron trasladados polos servizos sanitarios de urxencia.

Sobre as doce e media deste mediodía, unha persoa particular, implicada no accidente, pedía axuda ao 112 Galicia. Indicaba que chocaran contra un camión, na OU-525, punto quilométrico 228-229, en Noalla, no concello de San Cibrao das Viñas e que un compañeiro necesitaba axuda urxente.

accidente entre un camión, un turismo e unha furgoneta en San Cibrao das Viñas
accidente entre un camión, un turismo e unha furgoneta en San Cibrao das Viñas | La voz de galicia

De inmediato, pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de San Cibrao, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Pereiro de Aguiar e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Cibrao. Tamén foron informados os Bombeiros de Ourense.

Debido á gravidade do accidente, os servizos sanitarios desprazaron ao lugar o helicóptero con base en Ourense e varias ambulancias. Unha vez no punto e tras proceder coas tarefas de excarceración, os Bombeiros indicaron que os tres condutores dos vehículos tiveran que ser liberados, un deles, o condutor da furgoneta implicada, resultou falecido.

Ademais, indicaron que no vehículo viaxaba outra persoa como copiloto y que tamén resultara ferida. Os servizos sanitarios confirmaron o traslado das tres persoas feridas.