SUCESOS

Falece un xove en Riós cando se bañaba

O mozo de 22 anos oriundo de Bilbao, estaba de vacacións na zona que vive conmocionada polo acontedido cuxas causas aclarará a autopsia

Jesús Álvarez

Ourense | 12.08.2024 08:45

Rio Mente (Riós)
Rio Mente (Riós) | Onda Cero Ourense

Un xove de 22 anos falecía afogado a pasada fin de semana cando se bañaba no río Mente no concello ourensán de Riós. O suceso aconteceu nunha zona sen profundidade na que malia non ser zona de baño oficialmente autorizada é frecuentemente utilizada pola veciñanza na época estival. Foron uns compañeiros do xove os primeiros en dar a voz de alerta ao ver que buceaba e non volvía a superficie. Pouco despóís cando o lograron sacar á superficie xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. Unha muller que se atopaba na zona de baño tentou reanimalo sen éxito e cando chegaron os servizos de emerxencia e un helicópero medicalizado xa nada se puido facer nada para salvarlle a vida. A vitima, natural de Bilbao, pasaba unhas vacacións no municipio que vive conmocionado polos suceso.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora