Expourense

Feiras Internacionais e campeonatos de atletismo marcaron a activiade de Expourense

A celebración de Termatalia no Uruguai foi o principal fito na actividade feiral do ano pasado.

Óscar Gómez

Ourense |

Feiras Internacionais e campeonatos de atletismo marcaron a activiade de Expourense
Feiras Internacionais e campeonatos de atletismo marcaron a activiade de Expourense | Mundo Deportivo

A Fundación Expourense presentou os datos de 2023, 12 meses de intensa actividade nos que a actividade feiral e a deportiva compartiron protagonismo a través da organización de 10 feiras (unha delas celebrada no estranxeiro e outra que se celebraba por primeira vez) e de máis de 30 campionatos de atletismo (dous deles de carácter nacional). A estas actividades sumouse tamén a sanitaria, xa que as instalacións de Expourense volveron converterse en “vacinódromo” para a vacinación simultánea de Gripe e Covid das persoas maiores de 60 anos entre os meses de outubro e novembro. Nese período administráronse no recinto 32.959 doses. Os tres eixos sobre os que xirou a actividade de Expourense durante o ano pasado (feiral, deportivo e sanitario) superaron as 136.000 visitas.

Feiras Internacionais e campeonatos de atletismo marcaron a activiade de Expourense
Feiras Internacionais e campeonatos de atletismo marcaron a activiade de Expourense | onda cero

Actividade feiral

Expourense organizou en 2023 un total de 10 feiras, dúas de carácter internacional e estreitamente vencelladas ao turismo de Galicia. O principal fito do ano foi sen dúbida a celebración de Termatalia no Uruguai no mes de outubro. Foi a quinta edición da feira en América e serviulle a Expourense para posicionarse como un dos poucos recintos feirais españois con capacidade para organizar os seus propios eventos fóra do país. Durante a celebración de Termatalia, Uruguai converteuse no epicentro do termalismo mundial e a feira contribuíu a situalo como un gran destino termal pola calidade e cantidade das súas augas e a súa infraestrutura termal. Esta feira contou coa participación do presidente da República Oriental do Uruguai, Luis Lacalle Pou, sendo a primeira vez que un xefe de Estado acudía a unha feira termal.

A outra cita feiral internacional do ano foi Xantar, Salón Internacional de Turismo gastronómico, que foi cualificada como “cita necesaria” para promocionar internacionalmente a enogastronomía de Galicia. Contou con 100 expositores procedentes de 5 países e incluíu novidades como unha Zona de Tapas, a entrada gratuíta ou concertos para atraer ao público.

O 2023 foi o ano tamén do nacemento dunha nova cita feiral que veu dar resposta á gran afección que hai en Ourense aos vehículos clásicos. O 1º Salón do Vehículo Clásico celebrouse no mes de xuño e tivo tan boa acollida que xa se converteu en cita fixa do calendario de Expourense.

Ademais das tres citas arriba mencionadas, Expourense organizou en 2023 outras sete citas feirais: Previsel, Car Outlet, Ourense Vinis Terrae, Antiq Auria, Salón do Automóbil Novo e de Ocasión e Sportur Galicia. Estas citas reuniron a un total de 448 expositores. No referente á procedencia dos expositores, das visitas e dos asistentes ás actividades formativas propostas pola Fundación pódese falar de 33 países representados.

Estes datos confirman a Expourense como servizo público á disposición do tecido produtivo ourensán e como unha plataforma que contribúe, a través da organización de citas únicas, a fomentar a competitividade das empresas galegas e a facilitar contactos internacionais, sobre todo en sectores estratéxicos como o termalismo, a gastronomía, a viticultura, o turismo activo ou a automoción.

Actividade deportiva

Dende finais do 2017, Expourense conta cunha pista de atletismo cuberta (denominada goa short track ou pista curta), unha das tres de España e unha das mellores de Europa. No ano 2023, esta pista acolleu unha trintena de competicións deportivas e sesións de adestramiento que reuniron a un total de 30.000 visitas.

Expourense acolleu no 2023 dous Campionatos de España de Atletismo: o de Clubes COPA RFEA e Copa Iberdrola e o Sub-16. Ademais do intenso calendario de competición deportivas e adestramentos, a pista de Expourense foi elixida pola Selección Española de Relevos 4x400 para prepararse para o Campionato Europeo de Atletismo que se celebraría días despois en Estambul.

Máis alá do atletismo, as instalacións de Expourense continuaron a ser unha pista polideportiva que acolleu campionatos e adestramentos doutras disciplinas deportivas como o Hockey Sala coa celebración do Campionato de España Infantil (Masculino e Feminino) ou os adestramento dos equipos que participaron no Campionato de España de Equipos de Ximasia Rítmica celebrado no mes de xullo no Paco Paz.

Feiras Internacionais e campeonatos de atletismo marcaron a activiade de Expourense
Feiras Internacionais e campeonatos de atletismo marcaron a activiade de Expourense | onda cero

Eventos

As instalacións de Expourense foron o escenario elixido para a organización dunha quincena de eventos alleos ao calendario feiral do recinto. Estas citas indican que outras empresas confían nas infraestruturas, versatilidade e soporte de Expourense para organizar as súas actividades. O equipamento tecnolóxico deste recinto feiral na actualidade, sumado ás súas infraestruturas e instalacións, convértenno nun referente no sector MICE (organización de ferias, eventos, congresos e incentivos) de Galicia e constatan o papel de dinamizador do territorio e de referencia internacional que xogan as feiras e eventos organizados polo recinto.

O recinto foi elixido por varios partidos políticos para realizar distintos actos de campaña; por empresas de formación como Ilerna para realizar os seus exames oficiais o como Saltoki que impartiu no recinto formación aos seus asociados e clientes.

As instalacións de Expourense volveron convertese na comisaría de Policía na rodaxe da segunda parte do filme “Cuñados” e foi o escenario elixido por distintos departamentos da Xunta de Galicia para organizar eventos como a entrega de material deportivo aos clubes de Ourense, para presentar Axenda de Impulso da Minería Sostible de Galicia 2030; para acoller o Espírito Ribeiro ou o Foro “Galicia sabe AMar”.

A estas actividades súmanse xa outros eventos habituais como o Rallye de Ourense ou o “OUR FEST” que celebrou a súa segunda edición con Suede como cabeza de cartaz. Tamén foron as instalacións elixidas para ofrecer lecer ás familias ourensás acollendo ao longo do ano unha exposición interactiva de dinosaurios e dous circos.