Fase de ascenso a 3 RFEF
UD Ourense - Pontevedra CF B
O Ourense volve ó Couto coa intención de volver a gañar despois do tropezo da fin de semana pasada frente ó Portonovo.
Os de Jorge de Dios reciben no Couto ó líder provisional, o filial do Pontevedra, co que están empatados a 9 puntos tanto os vermellos cómo o Gran Peña.
O partido do socio
A cita deste domingo a partir das 18:00 horas foi declarada pola directiva do Ourense cómo "O partido do socio" que equivale a que os socios da UD Ourense poderán dispoñer dunha invitación para agasallar a quen estimen oportuno e desta forma converter nunha caldeira ó estadio de O Couto.
Acordo con Club Ourense Baloncesto
A Unión Deportiva Ourense e Club Ourense Baloncesto chegaron a un acordo para que os socios de ambos clubes accedan de forma gratuíta o partido do outro. Os socios do Ourense estiveron o mércores apoiando ó COB frente a Cantabria e ahora serán os seguidores cobistas os que poderán acceder ó campo do Couto.
UD Barbadás - Vilalonga FC
O Barbadás recibe nos Carrís ó Vilalonga despois de caer derrotado a fin de semana pasada frente ó filial do Pontevedra. Un punto separa a ambos equipos na táboa clasificatoria e os dous están moi perto tamén dos puntos que dan acceso a 3 RFEF. O que gañe estará moi vivo na loita polo cambio de categoría.
Verín CF - Umia CF
Verín e Umia apuran as súas opcións de engancharse a pelea polo ascenso a terceira federación. Para acadalo os dous equipos precisan a victoria o que fará moi apetecible, sen dúbida, a cita do vindeiro domingo a partir das 17:30 horas no José Argiz de Verín.
Moita igualdade no grupo de ascenso á 3 RFEF
Clasificacion Preferente Galicia 2ª FASE ASCENSO GRUPO C SUR