upermercados Gadis dá un paso máis na súa estratexia de sustentabilidade ambiental apostando pola instalación de paneis fotovoltaicos en diferentes puntos de venda. O máis recente, o Gadis Hiper de Bastiagueiro, que xa pode autoabastecerse enerxéticamente grazas a esta medida. Obter enerxías renovables para o autoconsumo é un dos proxectos que puxo en marcha para alcanzar a máxima eficiencia enerxética e reducir as emisións de CO2 á atmosfera, como parte do seu compromiso de velar pola protección do medioambiente e a conservación do planeta.
Os puntos de venda que contan con paneis fotovoltaicos para o autoabastecemento enerxético son establecementos de gran tamaño, modernos e funcionais, que foron deseñados segundo estritos parámetros ambientais, como o Gadis de Bertamiráns (A Coruña), que acaba de ser inaugurado.
Tamén se optou por este sistema nun dos puntos de venda de Arteixo e nos Gadis Hiper de Tui e Bastiagueiro (Oleiros), o último que estreou unha instalación destas características en colaboración con Voltfer, a división do Grupo Alvariño, empresa galega especializada en renovables. Dotado con 217 paneis solares que producen enerxía de forma sostible, propician un aforro enerxético de máis de 105.000 kWh anuais. Ademais, prevese unha redución da emisión de gases efecto invernadoiro dunhas 40 toneladas anuais de CO2.
Colaboración con empresas locais
Para a instalación de paneis fotovoltaicos nos diferentes puntos de venda, Gadis contou coa colaboración de compañías galegas, como é o caso da viguesa Voltfer - Grupo Alvariño, contribuíndo así á xeración de riqueza e emprego na súa contorna máis próxima.
Criterios de eficiencia enerxética
A compañía aplica criterios de eficiencia enerxética na xestión diaria de toda a rede de supermercados. Nas novas aperturas e na modernización dos puntos de venda, impleméntanse funcionais sistemas de frío e calor, así como de iluminación de última xeración que asegura un aforro de case o 40% fronte ás instalacións convencionais. Tamén se prioriza o aproveitamento da luz e dos recursos naturais.
Compromiso coa contorna
Gadis potencia a sustentabilidade desde tres vertentes: social, económica e ambiental cun modelo de negocio 100% sostible. Xerar impacto positivo na contorna a través da compra a máis de 1.000 provedores de proximidade e impulsar o tecido produtivo, contribuíndo a afianzar poboación en áreas non urbanas, é unha das súas prioridades. Nos supermercados incentiva o consumo de produtos de km. 0, frescos e de tempada; e a venda personalizada en mostrador, minimizando o uso de envases e o desperdicio alimentario. Outra das claves é o sistema loxístico, do que mantén o control de todo o proceso, desde a orixe ata a entrega diaria aos establecementos por unha frota de camións propios. Isto permite optimizar os roteiros de carga e transporte, o que propicia unha redución das emisións de CO2 á atmosfera.